Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Voces superpostas e tradución de documentais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e a recoller información sobre o alumnado no que respecta aos coñecementos previos da materia, intereses e motivacións.
Presentación da materia: obxectivos, metodoloxía docente, actividades de aprendizaxe, sistemas e criterios de avaliación...
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóptase empregar como plus da lección maxistral.
Prácticas de laboratorio Tipo de avaliación que se basea na aplicación dos fundamentos teóricos da materia.
Estudo previo Procura, lectura e traballo de documentación, previamente ás clases ou prácticas de laboratorio, que realiza o alumnado de forma autónoma.
Exemplos: pode ser unha actividade teórica, a nivel de contidos da materia, ou práctica, como a resolución de problemas e/ou exercicios.
Traballo tutelado O/a estudante, de maneira individual ou en grupo, realiza actividades, que poden ser:
- Traballos monográficos, procura de información en publicacións, bases de datos, artigos, libros... sobre un tema en concreto.
- Preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, conferencias etc.
- Recensións sobre artigos científicos de actualidade.
- Proxectos (deseñar e desenvolver proxectos).
Resolución de problemas de forma autónoma Actividade na que o alumnado analiza e resolve problemas e/ou exercicios relacionados coa materia de forma autónoma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000