Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e a recoller información sobre o alumnado no que respecta aos coñecementos previos da materia, intereses e motivacións.
Presentación da materia: obxectivos, metodoloxía docente, actividades de aprendizaxe, sistemas e criterios de avaliación... |
Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor/a dos contidos da materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio que o/a estudante ten que desenvolver
• Relacionar os novos conceptos coas sesións anteriores.
• Resaltar as ideas principais.
• Explicar os contidos de xeito ordenado e estruturado.
• Incluír exemplos de actualidade, reais etc.
Pode ir dende a exposición teórica dun concepto ou bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que o/a estudante desenvolva, ata a resolución dun problema. |
Estudo de casos |
Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e formarse en procedementos alternativos de solución. |
Estudo previo |
Procura, lectura e traballo de documentación, previamente ás clases ou prácticas de laboratorio, que realiza o alumnado de forma autónoma.
Exemplos: pode ser unha actividade teórica, a nivel de contidos da materia, ou práctica, como a resolución de problemas e/ou exercicios. |
Foros de discusión |
Actividade desenvolvida nunha contorna virtual na que se debaten temas diversos e de actualidade, relacionados co ámbito académico e/ou profesional. |