Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Traballo de Fin de Máster
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada
pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación
extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e
a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade,
saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non
presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas
garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da
docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou
cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da
ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.
• Actividades introdutorias: Campus Remoto, vídeo en distribución
asíncrona, documentación en MooVi.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Sen modificación.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Correo electrónico e titorías a través do despacho virtual da
coordinadora da materia e dos titores/as, con cita previa.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Sen modificación.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Sen modificación.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Sen modificación no número, tipo ou porcentaxe de cualificación.

Modificación no formato de entrega:
• O traballo escrito será entregado unicamente de forma telemática.
• A presentación oral terá lugar de forma telemática a través de
Campus Remoto (aula virtual ou despacho virtual do titor/a).

=== MODALIDADE MIXTA ===
Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do
estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte
seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o
profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os
sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial,
adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa
normativa sanitaria que se estableza no seu momento.

=== INFORMACIÓN ADICIONAL ===
O proceso de ensinanza-aprendizaxe desta materia exposto nesta guía
docente poder ser obxecto de modificación co fin de axustarse a
posibles modificacións da normativa de TFM do centro, en
circunstancias sanitarias excepcionais e previa aprobación en Xunta de
Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000