OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN
O estudantado ten dereito a dúas oportunidades de avaliación. As datas de entrega e defensa do traballo de fin de máster notificaránselle ao alumnado con suficiente antelación a través de FAITIC e por correo electrónico. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e estar ao tanto das datas de entrega e presentación do traballo.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE MÁSTER
Segundo os acordos tomados pola comisión académica do Máster en Tradución Multimedia da Universidade de Vigo, as comisións de avaliación designadas para a avaliación dos traballos de fin de máster rexeranse polos seguintes criterios:
1. Co fin de guiar a planificación do traballo por parte do estudantado, fixaranse ao comezo do curso datas de entrega parcial de obrigado cumprimento.
2. Aqueles traballos que presenten unha redacción deficiente ou excesivamente informal e/ou que incumpran as normas ortográficas e gramaticais recibirán automaticamente a cualificación de SUSPENSO.
3. O peso asignado aos diferentes aspectos considerados na avaliación do traballo de fin de máster será o seguinte:
- Avaliación continua e formativa a través da orientación do titor e do seguimento da realización do traballo (30%).
- Avaliación global do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias e coñecementos a través da presentación e exposición do traballo realizado (70%). Neste 70% teranse en conta os seguintes aspectos:
a. Respecto das convencións académicas (extensión, formato, inclusión de índice,introdución, conclusións e bibliografía relevante): 30%
b. Contido do traballo: 45%
c. Exposición pública*, na cal o estudante deberá presentar, durante un máximo de 10 minutos os aspectos máis relevantes do seu traballo: 25%
*O desenvolvemento da sesión de exposición pública será o seguinte:
1. Presentación por parte do estudante dos aspectos máis relevantes do seu traballo (10 minutos).
2. Intervención da persoa portavoz da comisión, en que se realizarán comentarios e preguntas sobre o traballo presentado (10 minutos).
3. Resposta do estudante á intervención do portavoz da comisión (5 minutos).