Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo avaliarase segundo a descrición incluída no apartado "outros comentarios e segunda convocatoria". 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

Data de entrega en primeira oportunidade: 20/05/2015

Data de entrega en segunda oportunidade: 10/07/2015

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE MÁSTER

Segundo os acordos tomados pola comisión académica do Máster en Tradución Multimedia da Universidade de Vigo, as comisións de avaliación designadas para a avaliación dos traballos de fin de máster rexeranse polos seguintes criterios:

1. Co fin de guiar a planificación do traballo por parte do estudantado, fixaranse ao inicio do curso datas de entrega parcial de obrigado cumprimento.  

2. Aqueles traballos que presenten unha redacción deficiente ou excesivamente informal e/ou que incumpran aas normas ortográficas e gramaticais recibirán automaticamente a cualificación de SUSPENSO.

3. O peso asignado aos diferentes aspectos considerados na avaliación do traballo de fin de máster será o seguinte:
a. Respecto das convencións académicas (extensión, formato, inclusión de índice,
introdución, conclusións e bibliografía relevante): 30%
b. Contido do traballo: 45%
c. Exposición pública*, na cal o estudante deberá presentar, durante un máximo de 10 minutos os aspectos máis relevantes do seu traballo: 25%

*O desenvolvemento da sesión de exposición pública será o seguinte:
1. Presentación por parte do estudante dos aspectos máis relevantes do seu traballo (10 minutos).
2. Intervención do voceiro da comisión, en que se realizarán comentarios e preguntas sobre o traballo presentado (10 minutos).
3. Resposta do estudante á intervención do voceiro da comisión (5 minutos).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000