Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 1. Recoñecer os modelos teóricos máis apropiados no campo da tradución multimedia.
A2 2. Manexar con destreza as ferramentas tecnolóxicas e informáticas máis relevantes para o seu uso nos contextos profesionais.
A3 3. Executar os procedementos e técnicas de tradución dos diferentes produtos multimedia.
A4 4. Identificar os contextos culturais implicados, normas e estándares.
A5 5. Demostrar un espírito crítico ante fenómenos culturais, e práctico á hora do seu transvasamento.
A8 8. Seleccionar un obxecto de investigación, formular hipóteses, empregar unha metodoloxía apropiada, analizar e presentar resultados.
A11 11. Aplicar os coñecementos adquiridos e ter capacidade de resolución de problemas.
A14 14. Detectar, analizar e resolver adecuadamente problemas de transvasamento cultural en diferentes produtos multimedia.
A15 15. Poñer en relación a culturalidade do produto orixinal multimedia co correspondente ámbito social e os destinatarios-meta.
A17 17. Revisar criticamente diferentes versións-meta con especial atención á culturalidade dos destinatarios finais.
A18 1. Coñecer en profundidade os modelos teóricos que se ocupan da tradución multimedia.
A19 2. Realizar procuras documentais para a tradución multimedia.
A21 4. Identificar e coñecer en profundidade os aspectos interculturais implicados.
A23 6. Manexar as ferramentas tecnolóxicas máis relevantes para este tipo de tradución.
A25 8. Identificar problemas informativos nos devanditos textos.
A26 9. Aplicar protocolos de procura documental en procesos de tradución multimedia
A27 10. Utilizar as ferramentas tecnolóxicas pertinentes nas procuras documentais vinculadas a este tipo de tradución.
A28 11. Ser quen de ofrecer distintas solucións en atención á culturalidade dos destinatarios finais.
A29 12. Contar cun método crítico adecuado e fiable de revisión do produto final, con especial atención ás marcas culturais.
A30 13. Coñecer en profundidade diferentes modelos de análise cultural.
A31 14. Identificar e delimitar problemas informativos na tradución.
A32 15. Elaborar e comprobar hipóteses que expliquen os distintos problemas de tradución.
A34 17. Desenvolver a capacidade crítica ante o TO e para a avaliación de ferramentas
A36 18. Desenvolver unha metodoloxía sistemática de investigación da procura documental e dun protocolo de consulta terminolóxica para a tradución multimedia.
A38 20. Deseñar, planificar e realizar un traballo de investigación.
A39 21. Dominar as habilidades de redacción dun traballo académico.
A40 22. Demostrar e aplicar o coñecemento da tradución multimedia e as súas estratexias.
A41 23. Identificar e delimitar problemas de tradución.
A44 26. Ser responsable de todas as solucións do texto traducido e ser quen de xustificalas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000