Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Prácticas en Empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas externas O titor da empresa/institución emitirá un informe das actividades realizadas polo alumnado, que deberá incluír unha cualificación numérica de 0 a 10 (70%) 70
Informes/memorias de prácticas A memoria realizada polo alumno ao finalizar as prácticas, onde se describirán as actividades realizadas, será avaliada polo docente do máster asignado como titor. Este encargarase de avaliar esta memoria, que significará un 30% da cualificación final das prácticas.

Na memoria, que consiste nun informe dunhas 5-10 páxinas, debe figurar información relativa aos seguintes aspectos:
a) Datos personais do estudante.
b) Entidade colaboradora onde realizou as prácticas e lugar de ubicación.
c) Descrición concreta e polo miúdo das tarefas, traballos levados a cabo e departamentos da entidad aos que foi asignado.
d) Valoración das tarefas desenvoltas cos coñecementos e competencias adquiridos en relación cos estudos universitarios.
e) Relación dos problemas plantexados e o procedemento seguido para a súa resolución.
f) Identificación das aportacións que, en materia de aprendizaxe, supuxeron as prácticas.
g) Avaliación das prácticas e suxestións de mellora.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

MODALIDADES DE AVALIACIÓN

MODALIDADE A: é a modalidade descrita arriba

MODALIDAD B: Poden optar á modalidade B de avaliación aqueles estudantes que demostren adquirir experiencia como tradutores profesionais no ámbito da tradución multimedia. Os alumnos que cumpran os requisitos e así o desexen poderánsolicitar á Comisión Académica a avaliación das prácticasen empresas baseada na súa experiencia profesional. Para solicitar esta modalidade deberánpresentar os seguintes documentos:

- Impreso de solicitude cuberto, segundo o modelo proposto pola coordinación dp máster e dispoñible en FAITIC.

- Copia do contrato coa empresa ouinstitución onde se realizou a actividade profesional que se desexa validar ou, en caso de desenvolver a actividade profesional como autónomo, copia da vida laboral na que debe figurar a Tradución e Interpretación como actividade laboral.

- Descrición das tarefas realizadas e informe de valoración da actividaderealizada asinado e co selo da empresa. De non presentarse este informe, acualificación da materia será de Aprobado (5.0).

CRITERIOS DE CÓMPUTO DE HORAS: Subtitulado: 1 hora de cinta: 10-11 horas de traballo; Subtitulado para xordos: 1 hora de cinta: 6-7 horas de trabajo; Dobraxe: 1 hora de cinta: 10-11 horas de traballo; Localización de videoxogos: tradución - 2000 palabras/xornada, revisión - 6000 palabras/xornada, testeo - 60 h.; Localización web/software: 2000 palabras/xornada; Voice-over: reality/documental xeral: 1/2 hora de material: 8 horas de traballo, reality/doc complejo: 1/2 hora de material: 16 horas de traballo. 60 horas de prácticasequivalen a 7-8 realities ou 4 documentais de 1/2 hora.

No caso de que o alumnado non supere a materia, deberá realizar unha práctica institucional asignada pola Comisión Académica e supervisada por un dos docentes, que se encargará de avaliala.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000