Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Prácticas en Empresas
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticum, Practicas externas e clínicas Cada alumno contará cun titor de destino que organizará a práctica (textos, cronograma, prazos, instrucións, correccións...) e cun titor académico que lle axudará a xestionar a documentación e velará pola boa marcha da práctica.
Actividades introdutorias A coordinadora da materia presentará a bolsa de prácticas para cada curso así como os procesos burocráticos da convocatoria. Dita presentación farase de forma presencial e tamén será gravada pola UVigo-TV para que quede a disposición do alumnado non presencial.
Probas Descrición
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumno ha de realizar ao finalizar o seu período de prácticas unha pequena memoria (entre tres e cinco páxinas) onde describa a empresa/institución de destino, as tarefas realizadas, competencias adquiridas e achegar ideas derivadas da práctica, se lle parece oportuno, para incluír/mellorar as guías docentes do resto de materias do máster. En faitic pode consultar un modelo de memoria de prácticas que contén os epígrafes principais. Deberá entregar a súa memoria ao titor académico, que a avaliará (30%), prestando especial atención á ortografía, redacción e estilo (poderanse descontar ata 2 untos por erro ortográfico). O 70% da nota corresponderá ao titor da empresa ou da institución, responsable de corrixir e enviar correccións/suxestións de mellora ao alumnado (avaliación formativa).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000