Actividades introdutorias |
A coordinadora da materia presentará a bolsa de prácticas para cada curso así como os procesos burocráticos da convocatoria. Dita presentación farase de forma presencial e tamén será gravada pola UVigo-TV para que quede a disposición do alumnado non presencial. |
|
Informe de prácticas |
O alumno ha de realizar ao finalizar o seu período de prácticas unha pequena memoria (entre tres e cinco páxinas) onde describa a empresa/institución de destino, as tarefas realizadas, competencias adquiridas e achegar ideas derivadas da práctica, se lle parece oportuno, para incluír/mellorar as guías docentes do resto de materias do máster. En faitic pode consultar un modelo de memoria de prácticas que contén os epígrafes principais. Deberá entregar a súa memoria ao titor académico, que a avaliará (30%), prestando especial atención á ortografía, redacción e estilo. O 70% da nota corresponderá ao titor da empresa ou da institución. |