Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Prácticas en Empresas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nunha sesión informativa (2 horas) proporcionarase ao alumnado a información básica relativa ao desenvolvemento das prácticas en empresas/institucións: calendario, características e requisitos de cada práctica, etc.
Prácticas externas PROCEDEMENTO DE ASIGNACIÓN:
1. Ofertadas as prazas para a realización das prácticas, os alumnos interesados remitirán á coordinadora de prácticas do Máster a súa solicitude segundo reflíctese no Anexo II. A coordinadora da materia realizará unha primeira selección dos candidatos en función dos seguintes criterios:
- Características do perfil sinalado pola empresa/institución.
- Cualificación media das materias dos módulos 1 a 3.
2. Naquelas prácticas que requiran proba de acceso, a coordinadora de prácticas enviará aos alumnos preseleccionados (dous por praza) para que sexa finalmente a empresa/institución a que realice a selección definitiva.
3. Os alumnos tamén poden propor a empresa/institución onde realizar as prácticas, proposta que deberá ser aprobada pola Comisión Académica. Neste caso, a asignación será directa ao alumno que presentou a proposta.
Unha vez asignadas as prazas, os estudantes iniciarán o seu período de prácticas seguindo as indicacións da empresa ou institución de acollida baixo a supervisión do seu titor académico.

SEGUIMENTO E CUALIFICACIÓN DAS PRÁCTICAS:
1. Cada alumno terá dous titores: un profesor do Máster e un titor da empresa/institución.
2. Terminado o período de actividade na empresa/institución, o titor da empresa/institución deberá remitir un certificado das actividades realizadas polo alumno, ademais da cualificación que lle outorga (que representará un 70% da nota final).
3. Ao finalizar as prácticas o alumno deberá remitir ao seu titor académico unha memoria onde se describan as actividades realizadas. O titor académico avaliará esta memoria, que significará un 30% da nota final das prácticas.




Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000