Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Prácticas en Empresas
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B2 2. Manexar con destreza as ferramentas tecnolóxicas e informáticas máis relevantes para o seu uso nos contextos profesionais.
B3 3. Executar os procedementos e técnicas de tradución dos diferentes produtos multimedia.
B4 4. Identificar os contextos culturais implicados, normas e estándares.
B5 5. Demostrar un espírito crítico ante fenómenos culturais, e práctico á hora do seu transvasamento.
B6 6. Desenvolver coñecementos, habilidades e destrezas que permitan a incorporación ao exercicio profesional no campo da tradución multimedia.
B7 7. Xestionar, elaborar e revisar proxectos de tradución multimedia.
B9 9. Coñecer elementos e técnicas avanzados da tradución multimedia nas súas distintas especialidades.
B10 10. Realizar unha análise do TO e do seu encargo e seleccionar unha estratexia de transvasamento apropiada.
B11 11. Aplicar os coñecementos adquiridos e ter capacidade de resolución de problemas.
B12 12. Defender o seu traballo de tradución ante públicos especializados e non especializados.
C17 17. Desenvolver a capacidade crítica ante o TO e para a avaliación de ferramentas terminográficas, lexicográficas e documentais, segundo a súa utilidade para a tradución multimedia.
C18 18. Desenvolver unha metodoloxía sistemática de investigación da procura documental e dun protocolo de consulta terminolóxica para a tradución multimedia.
C19 19. Ser responsable de todas as solucións do texto traducido e ser quen de xustificalas.
C20 20. Deseñar, planificar e realizar un traballo de investigación.
C28 28. Asignar prioridades nas diferentes tarefas de tradución implicadas nun proxecto de tradución multimedia.
C29 29. Desenvolver e aplicar habilidades para o traballo en equipo.
C30 30. Coñecer en profundidade os conceptos básicos da localización de software.
C31 31. Coñecer en profundidade os tipos de obxectos localizables.
C32 32. Coñecer en profundidade o proceso de localización de software.
C33 33. Coñecer en profundidade as funcións dos participantes no proceso e as dinámicas profesionais do sector de localización de software.
C34 34. Coñecer en profundidade as ferramentas empregadas en localización de software.
C35 35. Adquirir práctica no proceso de localización de software.
C36 36. Coñecer en profundidade os conceptos básicos na localización de páxinas web.
C37 37. Coñecer en profundidade o proceso de localización de páxinas web.
C38 38. Coñecer en profundidade as ferramentas empregadas na localización de páxinas web.
C39 39. Coñecer en profundidade as dinámicas profesionais do sector de localización de páxinas web.
C40 40. Adquirir práctica no proceso de localización de páxinas web.
C41 41. Comprender as dinámicas profesionais do sector de localización de videoxogos.
C42 42. Coñecer en profundidade os elementos básicos do proceso de localización de videoxogos.
C43 43. Coñecer en profundidade as técnicas de transvasamento relacionadas coa localización dos videoxogos.
C44 44. Adquirir práctica no proceso de localización de videoxogos.
C45 45. Coñecer en profundidade a historia e evolución do subtitulado.
C46 46. Coñecer en profundidade as etapas do proceso de subtitulado.
C47 47. Coñecer en profundidade as condicións laborais, as convencións de subtitulación e o discurso subtitulador e aprender a manexar o software de subtitulación.
C48 48. Coñecer en profundidade os problemas principais do subtitulado (xerais e específicos) e adquirir práctica no proceso de subtitulado.
C49 49. Coñecer en profundidade a historia e evolución da dobraxe.
C50 50. Coñecer en profundidade as etapas do proceso de dobraxe.
C51 51. Coñecer en profundidade as condicións laborais, convencións de dobraxe e o discurso da dobraxe e aprender a manexar software de dobraxe.
C52 52. Coñecer en profundidade os principais problemas de tradución para a dobraxe (xerais e específicos) e adquirir práctica no proceso de dobraxe.
C53 53. Coñecer en profundidade a historia e evolución do voice over.
C54 54. Coñecer en profundidade as etapas do proceso de voice over
C55 55. Coñecer en profundidade as condicións laborais e convencións do voice over e o seu discurso, e aprender a manexar software de voice over.
C56 56. Coñecer en profundidade os principais problemas do voice over (xerais e específicos) e adquirir práctica nesta modalidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000