Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Localización de Videojuegos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación xeral da materia, dos seus obxectivos, metodoloxía docente e avaliación. Detección das motivacións e dos coñecementos previos do alumnado a fin de optimizar o desenvolvemento da docencia.
Presentación Exposición, a cargo do docente, dos distintos contidos teóricos da materia. Realizarase en permanente contacto cos alumnos, fomentando o debate e a súa participación activa, a fin de verificar a súa correcta comprensión e asimilación.
Estudo de casos Presentación aos alumnos, a cargo do docente, de diferentes textos multimedia interactivos reais, a fin de analizar distintos aspectos relativos á súa localización e posterior impacto no mercado.
Traballo tutelado Guiados polo docente, os alumnos levarán á práctica os coñecementos adquiridos nos estudos de casos, a fin de familiarizarse coa práctica profesional da tradución e do control de calidade en localización, reproducindo as distintas fases do proceso.
Resolución de problemas Exporanse exercicios de aplicación práctica da teoría e de verificación de habilidades e coñecementos adquiridos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000