Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Localización de Videojuegos
   Contidos
Tema Subtema
Bloque I: contidos específicos Unidade I.1: Videoxogos. Historia

Esbozo da historia dos videoxogos, desde a chamada primeira xeración (1972) ata a época actual, con especial énfase nas xeracións sétima e oitava, así como no PC como sistema de lecer multimedia.

Unidade I.2: Xéneros. Características

Clasificación tipolóxica dos videoxogos segundo as súas características: simuladores deportivos, acción/aventura, estratexia, xogos en liña multixogador, etc.

Unidade I.3: A industria. Estrutura

Importancia económica da industria do lecer multimedia. Estrutura dunha empresa tipo. Deslocalización e globalización. Localización, calidade e tradutores in-house.

Unidade I.4: Videoxogos: desenvolvemento e comercialización

O proceso de creación dun videoxogo. Produción e desenvolvemento. Versións pre-alfa e alfa. Versións beta. O control de calidade. Validación. Saída a mercado. Mercadotecnia. Actualizacións.
Bloque II: contidos comúns Unidade II.1: Textos multimodais

O videoxogo como texto multimodal. Aspectos semióticos. A non liñalidade como condicionante do proceso de tradución. Paratextos do videoxogo: embalaxes, manuais de usuario, contratos de licenza, webs e comunidades en liña.

Unidade II.2: Soportes

Organización da información verbal nos soportes físicos: a linguaxe XML.

Unidade II.3: Informática aplicada á localización

Ferramentas de tradución asistida.
Ferramentas de xestión terminolóxica.
Ferramentas de coordinación de recursos.
Ferramentas de seguimento de erros de depuración.
Bloque III: práctica Unidade III.1: Localización. Calidade. Depuración

Clasificación tipolóxica de erros no proceso de localización: erros relacionados co material verbal e gráfico, erros relacionados co son, outros erros.

Unidade III.2: Práctica de localización

Reprodución do proceso de localización dun videoxogo.

Unidade III.3: Práctica de depuración

Reprodución do proceso de control de calidade de localización dun videoxogo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000