Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Localización de Programas Informáticos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentación Presentación por parte dos estudantes de actividades realizadas e coñecementos adquiridos. Discusión orientada polo persoal docente.
Estudo de casos Presentación e discusión de situacións concretas e casos específicos relacionados cos contidos da materia. Discusión orientada polo persoal docente.
Traballo tutelado Resolución de actividades encargadas e orientadas polo persoal docente, encamiñadas a graduar a progresión do estudantado na adquisición dos coñecementos relacionados coa materia.
Actividades introdutorias Presentación da materia e identificación da formación previa e as habilidades prácticas do alumnado.
Resolución de problemas Exporanse exercicios de aplicación práctica da teoría e de verificación de habilidades e coñecementos adquiridos.
Foros de discusión Espazos de discusión crítica e razoada do material proporcionado polo profesorado
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000