Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Voice-Over e Tradución de Documentais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo O alumno levará a cabo un encargo de voice-over (individual ou en grupo) que suporá a posta en práctica dos contidos da materia e que consistirá nun encargo de traballo simulado ou real, xunto cun informe crítico e apoiado en fontes de autoridade dos problemas xurdidos e das estratexias de resolución aplicadas. 40
CG1
CG4
CG7
CG11
CG12
CE3
CE5
CE53
CE54
CE55
CE56
Práctica de laboratorio O alumno realizará distintas actividades (individuais, en grupo e de participación nos foros) que deberá entregar ao final dos distintos apartados do módulo a través das cales demostrará a comprensión, asimilación e posta en práctica dos contidos teóricos da materia. As actividades (ou grupo de actividades) de cada apartado serán de entrega obrigatoria e representarán un 60% da nota final. 60
CG1
CG4
CG7
CG11
CG12
CE3
CE5
CE53
CE54
CE55
CE56
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As actividades semanais (individuais ou en grupo) son de entrega obrigatoria e requisito indispensable para superar a materia; agás aquelas para as que se indique específicamente "entrega opcional". 

En tódolos casos será requisito indispensable para superar a materia obter unha puntuación mínima de 5 puntos no proxecto final.

SEGUNDA CONVOCATORIA: Aqueles alumnos que non superen a materia poderán presentarse á convocatoria de xulio (calendario oficial da Uvigo). Deberán entregar un dossier coas respostas a todas as cuestións formuladas nos foros e unha serie de actividades breves e un proxecto extenso distinto do realizado por os alumnos que seguiron a docencia e superaron o módulo.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000