Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Voice-Over e Tradución de Documentais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

Dado o carácter semipresencial do Mestrado Universitario en Tradución Multimedia e que nel se vén impartindo docencia online síncrona e asíncrona dende os seus comezos, non é necesario facer ningún cambio na guía docente. No suposto de que non se poidan desenvolver con normalidade as sesións de docencia presencial previstas para a semana 09-13/03/2021, manteranse as metodoloxías, contidos, avaliación e titorías coa salvidade de que se realizarán coas ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo (aulas e despachos virtuais, correo electrónico e Faitic). Estas sesións presenciais, coma sempre, gravaranse e poñeranse a disposición de todos aqueles alumnos que non poidan acceder a elas de xeito síncrono.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000