Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Voice-Over e Tradución de Documentais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos e proxectos O alumno levará a cabo un encargo de voice-over (individual ou en grupo) que suporá a posta en práctica dos contidos da materia e que consistirá nun encargo de traballo simulado ou real, xunto cun informe crítico e apoiado en fontes de autoridade dos problemas xurdidos e das estratexias de resolución aplicadas. 40 B1
B4
B7
B11
B12
C3
C5
C53
C54
C55
C56
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O alumno realizará distintas actividades, individuais e en grupo, que deberá entregar ao final dos distintos apartados do módulo a través das cales demostrará a comprensión, asimilación e posta en práctica dos contidos teóricos da materia. As actividades (ou grupo de actividades) de cada apartado serán de entrega obrigatoria e cada unha suporá un 20% da nota final. 60 B1
B4
B7
B11
B12
C3
C5
C53
C54
C55
C56
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

TEMPORALIZACIÓN DO CURSO:

-Actividades semanas 1 e 2: entrega de dúas prácticas Grace e The Shift (5%)

-Actividade semanas 3 e 4: Tradución de Deep Trouble e exercicio unidades (20%)

-Actividade semana 5: Tradución grupal de The making of Outlaw (15%)

-Actividade semana 6: inicio proxecto final (40%)

-Actividade semana 7 e 8: Tradución grupal de The King of the Nerds e tradución individual de Becket (20%)

A participación nos foros é obrigatoria e esta matizará a nota final, tanto positiva coma negativamente.

En todos os casos será requisito indispensable para superar a materia alcanzar unha puntuación mínima de 5 puntos no proxecto final.

SEGUNDA CONVOCATORIA:

Aqueles alumnos que non superen a materia
poderán presentarse na convocatoria de xullo (calendario oficial da Uvigo). Deberán entregar
un dossier coas respostas a todas as cuestións formuladas nos foros e
unha serie de actividades breves e un proxecto extenso distinto ao realizado polos
alumnos que seguiron a docencia e superaron o módulo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000