Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Voice-Over e Tradución de Documentais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos O alumno levará a cabo unha encomenda de tradución mediante voice over (individual ou en grupo) que suporá a posta en práctica dos contidos da materia e que consistirá nunha encomenda de traballo simulado ou real, xunto cun informe crítico e apoiado en fontes de autoridade dos problemas xurdidos e das estratexias de resolución aplicadas. 40
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O alumno realizará tres actividades (ou grupo de actividades) que deberá entregar ó final da terceira, cuarta e quinta semana a través das que exercitará os contidos teóricos da materia. As actividades (ou grupo de actividades) serán de entrega obrigatoria e cada unha suporá un 20% da nota final.

O alumno tamén realizará dúas actividades introdutorias durante as dúas primeiras semanas que se avaliarán conxuntamente coa participación nos foros.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En tódolos casos será requisito indispensable para superar a materia acadar unha puntuación mínima de 5 puntos no proxecto final. 

Aqueles alumnos que non superen a materia poderán presentarse na convocatoria de xullo (calendario oficial da Uvigo). Deberán entregar un dossier coas respostas a tódalas cuestións propostas no foro e unha serie de actividades breves e  un proxecto extenso distinto ó realizado polos alumnos que seguiron a docencia e superaron o módulo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000