Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Subtitulado
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos Comentario de subtítulos refalados en inglés e/ou español 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Ademais das actividades semanais, o alumno levará a cabo dous encargos de subtitulado (individual ou en grupo) que suporán a posta en práctica dos contidos da materia e que consistirán en encargos de traballo simulados ou reais, que poden ir acompañados dun informe crítico e apoiado en fontes de autoridade dos problemas xurdidos e das estratexias de resolución aplicadas. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia non será obrigatorio asistir ás sesións presenciais.

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN

Se a cualificación obtida nas probas e traballos durante a primeira oportunidade de avaliación é non apta, ou ben os traballos poderanse refacer seguindo as correccións e propostas de mellora realizadas polos profesores (nese caso, a nota máxima que se obterá será 5), ou ben se realizarán novos encargos e actividades, que se cualificarán de 0 a 10.

A data límite para a entrega de traballos na segunda oportunidade de avaliación será o 15 de xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000