Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Doblaxe
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A primeira sesión da materia dedicarase a explicar polo miúdo os obxectivos que se pretenden acadar, o temario, a forma na que se desenvolverá a docencia e os procedementos de avaliación.
Estudo de casos O alumno disporá dun elevado número de estudos de caso (dobraxes existentes) que lle permitirán desenvolver o seu espírito crítico e xustificar as distintas posturas de tradución que pode adoptar ante as distintas dobraxes.
Resolución de problemas O alumnado poderá consultar tódalas dúbidas relativas ao material que se lle ofrece así como facer suxestións de novas liñas de investigación na dobraxe. Para tal fin, pode usar os foros habilitados semanalmente na materia, por correo electrónico ou solicitando titorías virtuais a través de campus remoto (que poderán ser individuais ou colectivas, a criterio do docente).
Lección maxistral Na lección maxistral da semana presencial explicaranse polo miúdo e exemplificaranse algúns dos contidos teóricos que se porán en práctica en estudos de caso seleccionados.
Foros de discusión Durante todo o período de docencia desta materia manteranse abertos foros de discusión para reflexionar sobre as múltiples lecturas e presentacións propostas. O alumnado poderá abrir diferentes fíos para facer os seus comentarios e o docente realizará, como mínimo, unha revisión semanal dos fíos para intervir (unha vez que o fagan os estudantes).
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado terá que resolver problemas específicos da tradución para dobraxe a partir de microtextos, partindo da descrición do problema e propoñendo solucións para lograr unha tradución funcional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000