Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Doblaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados O alumno levará a cabo unha encomenda de dobraxe (individual ou en grupo) que suporá a posta en práctica dos contidos da materia e que consistirá nunha encomenda de traballo real ou simulada xunto cun informe crítico e respaldado por fontes de autoridade sobre os problemas da tradución e as estratexias de resolución aplicadas. 60
Estudo de casos/análises de situacións O alumno realizará varios exercicios que conteñen estudos de caso. Terá que avalialos criticamente e dar opcións alternativas de tradución, se o considera oportuno. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O alumno realizará unha proba na que terá que dar conta da súa capacidade para analizar polo miúdo varios estudos de caso. Nesta proba cómpre que demostre o dominio teórico-metodolóxico da materia. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segunda edición de actas (xullo) e posteriores convocatorias:

O alumno poderá optar por UN dos dous sistemas de avaliación contemplados na primeira edición de actas, que recibirán un 100% da cualificación:

(a) Traballo tutelado: pode ser o mesmo suspenso previamente reformulado ou un novo
(b) Exame teórico-práctico: (2ª edición de actas) colgarase en faitic o 3 de xullo de 2015 (16.00 a 18.00).

EN TODO CASO HA DE COMUNICAR QUE SISTEMA DE AVALIACIÓN SEGUIRÁ.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000