Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Doblaxe
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudos/actividades previos O alumno disporá, na plataforma do posgrao, dunha guía cos principais contidos da materia desenvoltos, así como dunha bibliografía básica de lectura obrigatoria, que debe asimilar co gallo de poder realizar con éxito os exercicios prácticos.

Foros de discusión Nos foros de discusión poranse en común e discutiranse as solucións dadas ás prácticas autónomas.

Titoría en grupo As titorías grupais (ou individuais, dependendo de se as entregas obrigatorias da materia se fan individualmente ou en grupo) usaranse para solucionar dudas relativas ás encomendas a través das que se avalía a materia e para revisar as mesmas unha vez entregados.

Actividades introdutorias A primeira sesión da materia será presencial (malia que tamén se gardará e colgará na plataforma do posgrao) e dedicarase a explicar polo miúdo os obxectivos que se pretenden acadar, o temario, a forma na que se desenvolverá a docencia e os procedementos de avaliación.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Os contidos teóricos que o alumno debe asimilar exercitaranse a través de actividades e distintos tipos de exercicios que o alumno realizará individualmente.
Traballos tutelados Os contidos teóricos que o alumno debe asimilar exercitaranse a través de actividades e distintos tipos de exercicios que o alumno realizará a través de TIC

Estudo de casos/análises de situacións O alumno disporá dun elevado número de estudos de caso (dobraxes existentes) que lle permitirán desenvolver o seu espírito crítico e xustificar as distintas posturas de tradución que pode adoptar ante as distintas dobraxes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000