Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Recursos Documentais para a Tradución Multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Os alumnos realizarán individualmente ou en grupo un microtesauro do ámbito audiovisual ou multimedia. 40 B11
C9
C14
Resolución de problemas de forma autónoma Os resultados obtidos na resolución dos problemas expostos nos distintos bloques temáticos do curso permitirán avaliar os coñecementos e habilidades dos alumnos.
PROBA 1:LECTURAS INTRODUCTORIAS: 20%
PROBA 2: ANÁLISE E AVALIACIÓN DE FONTES: 20%
PROBA 3:TRATAMENTO DA INFORMACIÓN NO ÁMBITO FÍLMICO E NO DOS VIDEOXOGOS: 20%
60 B11
C7
C8
C9
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

TEMPORALIZACIÓN DO CURSO:

As actividades de aplicación práctica estruturaranse en 4 bloques, como se indica máis abaixo; os 3 primeiros bloques desenvolveranse en períodos de ao redor de 10 días e o cuarto nun de ao redor de 24. A duración precisa destes bloques indicarase no seu momento en Moovi, pois depende en parte do cronograma xeral da Universidade para o curso 23-24, que mentres se elabora esta guía docente aínda non se coñece. 

PERÍODO 1

Bloque 1: “Introdución: a documentación aplicada á tradución multimedia”  

Bloque 2: “Os documentos multimedia como categoría documental”

PERÍODO 2 

Bloque 3: “Procura documental para a tradución multimedia”

PERÍODO 3

Bloque 4: “Tratamento da información en tradución multimedia”

PERÍODO 4

Bloque 5: “Documentación e terminoloxía no ámbito audiovisual”

SEGUNDA CONVOCATORIA:

Para a avaliación da materia na segunda convocatoria, os alumnos realizarán as actividades de aplicación práctica que non levasen a cabo no seu momento ou, no seu caso, reformularán e realizarán de novo, seguindo as indicacións do profesor, aquelas que non superasen satisfactoriamente durante o desenvolvemento do curso.

A data límite para entregar as actividades na segunda convocatoria de avaliación farase pública oportunamente en Moovi.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000