Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Aspectos Interculturais da Tradución Multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Foros de discusión Os estudantes deberán demostrar a través da súa participación activa e razoada no foro que leron criticamente o material proposto para os estudos previos e que saben aplicalo realizando diversas actividades propostas polo profesorado (actividade de foro sobre os aspectos interculturais da localización de software e videoxogos). 15 B1
B11
B14
B17
C11
C12
Estudo de casos Os estudantes deberán levar a cabo diferentes actividades de análises dos aspectos culturais dalgúns produtos multimedia: análise de produtos audiovisuais e elaboración dun perfil para a localización de páxinas web. 30 B1
B11
B14
B17
C7
C11
C12
Traballo O alumnado levará a cabo de forma individual un traballo de análise dun produto multimedia (en calquera das súas modalidades) no que analizará en profundidade os problemas culturais que presenta e a forma en que se resolveron ou poderían resolverse. Data de entrega: 12 de xaneiro de 2024. 30 B1
B11
B13
B14
B17
C7
C11
C13
Presentación Exposición individual das lecturas de primeiro bloque de contidos. 15 B1
B13
C7
C12
C13
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas obxectivas sobre a bibliografía do curso. 10 B1
B13
C7
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Dado que a materia se concibe como unha primeira aproximación á investigación sobre os aspectos culturais implicados na tradución multimedia, concederase especial importancia á redacción das diferentes tarefas encomendadas, que deberán axustarse aos estándares da redacción académica. Consecuentemente, aqueles traballos que presenten unha redacción deficiente ou excesivamente
informal e/ou que incumpran as normas ortográficas gramaticais e de puntuación recibirán automaticamente a cualificación de SUSPENSO.

Para superar a materia non é obrigatorio asistir ás sesións presenciais.

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN

Na segunda convocatoria, os estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade de avaliación deberán completar os traballos que non entreguen ou resolvan de maneira satisfactoria durante o curso. Para iso, fíxase un prazo máximo de recepción dos devanditos traballos ata o 21 de xuño de 2024. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000