Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Aspectos Interculturais da Tradución Multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Foros de discusión Os estudantes deberán demostrar a través da súa participación activa e razoada no foro que leron criticamente o material bibliográfico proposto e que saben aplicalo realizando diversas actividades propostas polo profesorado. 30
Estudo de casos/análise de situacións Os estudantes deberán levar a cabo unha análise dos aspectos culturais dalgúns produtos multimedia e expolos de maneira virtual ante os seus compañeiros quen, á súa vez, deberán realizar comentarios críticos sobre a análise exposta. O debate vehicularase a través da plataforma TEMA e avaliaranse todas as intervencións realizadas. 30
Traballos e proxectos O alumno levará a cabo de forma individual ou en grupo un traballo de análise dun produto multimedia (en calquera das súas modalidades) en que analizará en profundidade os problemas culturais que presenta e a forma en que se resolveron ou poderían resolverse. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Dado que a materia se concibe como unha primeira aproximación á investigación sobre os aspectos culturais implicados na tradución multimedia, concederase especial importancia á redacción das diferentes tarefas encomendadas, que deberán axustarse aos estándares da redacción académica. Consecuentemente, aqueles traballos que presenten unha redacción deficiente ou excesivamente
informal e/ou que incumpran as normas ortográficas e gramaticais recibirán automaticamente a cualificación de SUSPENSO.

Para superar a materia non é obrigatorio asistir ás sesións presenciais.

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN

Na segunda convocatoria, os estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade de avaliación deberán completar os traballos que non entreguen ou resolvan de maneira satisfactoria durante o curso. Para iso, fíxase un prazo máximo de recepción dos devanditos traballos ata o 1 de xullo de 2015. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000