Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Aspectos Interculturais da Tradución Multimedia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentación A primeira sesión da materia será presencial (aínda que tamén se gravará e colgará na plataforma de posgrao virtual) e dedicarase a explicar en detalle os obxectivos que se pretenden alcanzar, o temario, a forma en que se desenvolverá a materia e os procedementos de avaliación.
Lección maxistral En parte das sesións presenciais, as docentes exporán os puntos máis destacados das lecturas encomendadas ao estudantado.
Resolución de problemas Resolución de actividades encargadas e orientadas polo persoal docente encamiñadas a graduar a progresión do estudantado na adquisición das competencias relacionadas coa materia.
Estudo previo O estudante disporá na plataforma de posgrao dunha bibliografía básica de lectura obrigatoria que deberá asimilar co fin de poder realizar con éxito os exercicios prácticos.
Foros de discusión Nos foros de debate poranse en común e debaterán os aspectos teóricos da bibliografía e reflexionarase sobre a súa aplicabilidade á práctica da tradución multimedia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000