Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Novas Tecnoloxías e Tradución Multimedia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentación Presentación do "Módulo teórico-metodolóxico" (materias, profesorado, obxectivos). Presentación da materia de "Novas Tecnoloxías e Tradución Multimedia" (profesorado, contidos, estruturación en bloques e temas, calendario e temporalización, materiais, avaliación, observacións).
Lección maxistral Exposición e análise dos contidos do "Bloque-1 (introdutorio)" e do "Bloque-2 (avanzado)" da materia.
Estudo de casos Presentación e discusión por parte do alumnado das actividades realizadas e dos coñecementos adquiridos; e presentación e discusión por parte do profesorado das actividades a realizar e dos coñecementos a adquirir. Discusións orientadas polo persoal docente.
Resolución de problemas Resolución de problemas relacionados co "Bloque-1 (introdutorio)" e do "Bloque-2 (avanzado)" da materia.
Actividades introdutorias Identificación da formación previa e das habilidades prácticas do alumnado.
Foros de discusión Discusión por parte do alumnado dos contidos, dúbidas, suxestións, críticas, etc. xurdidas da lectura do diferentes material de consulta facilitados polos docentes da materia (guía docente, artigos, base de datos de programas, etc.). Discusión orientada polo persoal docente.
Prácticas con apoio das TIC Realización efectiva de diferentes proxectos básicos relacionados co ámbito da tradución multimedia (tradución audiovisual e localización, basicamente), previa identificación das diferentes tarefas do proceso tradutor e das ferramentas informáticas (hardware e/ou software) necesarias para poder levalas a cabo. O alumnado que non poida asistir a ditas prácticas poderá realizalas de maneira autónoma pola súa conta. Prácticas orientadas ("in situ" ou por vía telemática, segundo proceda) polo persoal docente.
Traballo tutelado Resolución de actividades encargadas e orientadas polo persoal docente, encamiñadas a graduar a progresión do alumnado na adquisición dos coñecementos e destrezas relacionados coa materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000