Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Novas Tecnoloxías e Tradución Multimedia
   Contidos
Tema Subtema
1. Tradución e tecnoloxía: ferramentas do proceso
tradutor como actividade profesional. Tarefas e ferramentas.
1.1. Introdución.
1.2. Tarefas informatizadas do proceso tradutor (modelo tradicional).
1.3. Tarefas informatizadas do proceso tradutor (modelo actual dixitalizado).
1.4. Tarefas e ferramentas do proceso tradutor como actividade profesional. O punto de vista dos estudantes de tradución.
1.4. Tarefas e ferramentas do proceso tradutor como actividade profesional. O punto de vista dos profesionais da tradución.
2. Recursos informáticos avanzados para o tradutor multimedia: consideracións xerais. 2.1. O software na industria da tradución.
2.2. A contorna de traballo do tradutor.
2.3. A plataforma de traballo do tradutor.
2.4. Os materiais de traballo do tradutor.
3. Especificidades da tradución multimedia. 3.1. Soportes, medios e plataformas relacionados cos medios audiovisuais.
3.2. A interacción do texto co son e a imaxe.
3.3. Formatos específicos empregados na tradución multimedia.
- Ferramentas de reprodución de medios.
- Ferramentas de conversión de formatos multimedia.
- Ferramentas relacionadas co uso de filtros ou “codecs”.
4. Recursos informáticos avanzados específicos para a tradución multimedia. 4.1. Recursos específicos para a tradución audiovisual.
4.2. Recursos específicos para a localización.
4.3. Novas perspectivas de futuro no ámbito da tradución multimedia.
5. Creación dunha base de datos de programas informáticos relacionados coa tradución multimedia. 5.1 Fichas informativas dos programas informáticos.
5.2. Preguntas máis frecuentes ("frequently asked questions" ou "FAQ") relacionadas cos programas informáticos.
5.3. Directorios de descarga (URL) dos programas informáticos.
6. Xestión de diversos proxectos básicos relacionados con diferentes ámbitos e soportes da tradución multimedia. 6.1. Casos prácticos varios relacionados coa tradución audiovisual (dobraxe, subtitulado, voiceover, etc.).
6.2. Casos prácticos varios relacionados coa localización (localización de páxinas web, localización de programas informáticos, localización de viedeoxogos, etc.).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000