Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Materias
  Léxico e Sintaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais espérase a asistencia, atención e participación activa de todo alumnado 10
Foros de discusión Nos foros de discusión o estudante demostrará a súa capacidade de asimilación de conceptos e a súa perspicacia para formular e resolver problemas teóricos 30
Resolución de problemas e/ou exercicios Cos problemas e exercicios, o estudante demostrará a súa capacidade de observación das linguas e de aplicar conceptos teóricos 30
Traballos tutelados No traballo tutelado final o estudante mostrará o grao de destreza no uso dos diferentes conceptos teóricos, así como a orixinalidade e a resolución para ofrecer solucións aos diferentes problemas prácticos, asi como a capacidade para integrar os seus coñecementos e expoñelos de maneira clara e ordenada. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos que sigan un réxime semipresencial deberán realizar todas as lecturas necesarias para adquirir os contidos teóricos e realizar o traballo correspondente aos foros de discusión, resolución de problemas e traballos tutelados a través das TIC.

Na segunda convocatoria, os estudantes que non acadaran na primeira os mínimos esixidos deberán corrixir o realizar só aqueles traballos que non foron realizados na primeira convocatorio ou que non foron realizados correctamente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000