Neste curso estúdanse os problemas teóricos, descritivos e aplicados que plantexan as propiedades sintácticas dos elementos léxicos para a lexicoloxía, a lexicografía e o ensino de linguas. E viceversa, no curso reflexiónase tamén sobre cómo as estruturas sintácticas están lexicamente restrinxidas e cómo o estudo detallado da sintaxe leva inevitablemente á análise do léxico.