Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Materias
  Ideoloxía Política e Diccionario
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos xerais da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e metodoloxías de análise. As explicacións estarán ben estruturadas e contarán con exemplos claros que aseguren a comprensión dos conceptos. Ocasionalmente, a exposición poderá estar acompañada por presentacións. Tamén se comentará a bibliografía recomendada.
Ao longo das sesións maxistrais os discentes poderán intervir e establecer pequenos debates.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade práctica. Formularanse na aula (durante as sesións presenciais) ou a través da plataforma TEMA unha serie de problemas e exercicios relacionados coa materia. O obxectivo é reflexionar de forma crítica e relacionar teoría e práctica. Tamén constitúe unha actividade básica para reforzar os coñecementos e as metodoloxías de análise que se van adquirindo.
Traballos de aula Actividad práctica. Durante as horas presenciais proporanse tres tarefas que terán que ser realizadas na aula en colaboración cos compañeiros e co docente. En todas elas terase que aplicar a metodoloxía de análise do discurso aos casos propostos ou a capacidade para resumir as ideas fundamentais dalgún artigo que será previamente lido.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000