Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Materias
  Bilingüismo e Didáctica Comparada das Linguas Romances
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia a clases, así coma a participación activa na mesma, nos comentarios sobre as lecturas e no subseguinte debate sobre os problemas tratados. 20
Presentacións/exposicións Certas lecturas han ser comentadas directamente polo alumno na clase. Tamén será de interese de todos coñecer o tema de traballo de curso que escolle e o estado das súas pescudas. 15
Traballos tutelados Realizaranse lecturas de curso, valorando o grao de comprensión das mesmas, e a conseguinte capacidade do alumno de contribuír á clase e ó debate. Ademais, as lecturas constitúen a base de partida inexcusable para a realización do traballo de curso. 25
Traballos e proxectos Cada alumno realizará un traballo de curso, consistente nunha pequena investigación, e dunha extensión dunhas 15 páxinas como máximo. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p>O alumno que o desexe poderá realizar baixo a miña dirección o traballo máster de investigación, sobre un tema relacionado cos contidos tratados no curso. Os resultados dirimiranse nas convocatorias de xuño ou de xullo.</p>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000