Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Materias
  Lingua de Signos na Comunidade Xorda: O que o Lingüista Ten que Saber
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliarase a capacidade de análise e de síntese, a propiedade da linguaxe tendo en conta o tipo de escrito de que se trata, e tamén a corrección formal e o uso axeitado das referencias bibliográficas. 90
Estudo de casos/análises de situacións Avaliarase a capacidade crítica de cada estudante, así como tamén a súa axeitada utilización dos recursos argumentativos. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p>Será necesario acudir, cando menos,&nbsp;ao 80% das sesións e entregar os traballos tutelados. Estes poderán consistir nunha breve recensión dunha publicación relacionada con cada un dos temas propostos, ou ben un traballo final, máis elaborado, que consistirá nunha recensión crítica dun libro ou publicación de complexidade equivalente. </p>
<p>Quen opte pola modalidade semipresencial deberá comunicalo á profesora por e-mail ao comezo da impartición da materia. Neste caso esixirase unha asistencia de, como mínimo, o 40% e a elaboración de resumos ou reformulacións de materiais empregados na docencia.</p>
<p>Se se&nbsp;precisan adaptacións por razón de discapacidade, deberá advertirse coa debida antelación. Requerirase documentación acreditativa.</p>
<p>No caso de non superar o curso na primeira oportunidade, para a segunda aplicaranse os mesmos criterios de presencialidade, así como as entregas de traballos tutelados e, no seu caso, dos resumos e reformulacións de materiais </p>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000