Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Materias
  Lingua de Signos na Comunidade Xorda: O que o Lingüista Ten que Saber
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Presentación por parte da profesora dos contidos da materia. Propiciarase unha intervención activa do alumnado.
Traballos tutelados Elaboración dunha reseña crítica sobre un documento, que pode ser un libro ou unha parte dun libro ou un recurso electrónico. Cada alumna ou alumno escollerá o material obxecto da reseña e desenvolverá a tarefa seguindo as indicacións da profesora.
Estudos/actividades previos O traballo na aula completarase coa lectura dunha escolma de textos relacionados coa temática analizada en cada tema, que estarán a disposición do alumnado na plataforma Faitic.
Estudo de casos/análises de situacións Comentario sobre unha situación típica da comunidade xorda ou unha peculiaridade da linguaxe signada. Poderá facerse de xeito individual ou, preferentemente, en grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000