Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Materias
  Gramática Comparada: A Lingua Española e a Lingua de Signos Española
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Con esta actividade preténdese introducir aos alumnos no coñecemento das linguas de signos, xa que normalmente non teñen nocións destas linguas, sobre todo dende un punto de vista lingüístico.
Presentacións/exposicións Os alumnos escollerán un aspecto gramatical que sexa do seu interese e farán unha análise comparativa que presentarán en clase, de xeito oral, con apoio visual, diante dos seus compañeiros.
Traballos de aula No tempo adicado os traballos e aula faranse leituras comentadas de diferentes traballos lingüísticos e análise de aspectos gramaticais.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Os alumnos terán que facer algunhas leituras relacionadas co tema do curso fóra da aula.
Titoría en grupo Estas titorías destinaranse á resolución de dúbidas que poidan xurdir nas aulas e que non sexan tratadas nas horas de docencia presencial. Tamén servirán para orientar aos alumnos na realización dos traballos e das exposicións que forman parte da avalización da materia.
Sesión maxistral As horas destinadas ás sesións maxistrais centraranse na explicación dos contidos teóricos da amteria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000