Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Materias
  Sociolingüística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Explicación dos principais contidos da materia por parte da profesora, segundo o programa que se inclúe nesta guía.
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de exercicios relacionados cos contidos explicados nas horas presenciais e coas lecturas de artigos ou capítulos de libros que se irán marcando ó longo do curso e segundo se vaia desenvolvendo o programa
Outros En función do desenvolvemento do curso, a docente poderá marcar algunha actividade non plantexada nesta guía, orientada a mellorar a comprensión dalgún dos contidos da materia.
Saídas de estudo/prácticas de campo Trátase de recoller algún acontecemento comunicativo "real" (conversas cos amigos/as, interaccións nos servizos, interaccións a través dos chats, interaccións nas aulas...) para posteriormente realizar un comentario sociolingüístico do mesmo, que pode centrarse en calquera aspecto(s) que se considere de interese en relación co mesmo. Esta actividade terá un prazo de entrega máis amplo cás demáis.
Debates Trátase de motivar a reflexión sobre determinados contidos da materia. Cada estudiante redactará primeiramente as súas ideas sobre os temas propostos, apoiándose nas lecturas que se vaian facendo. Nas horas presenciais faráse unha posta en común.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000