Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Materias
  Morfoloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Debates Discusión dirixida: Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Estudo de casos/análises de situacións Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión.
Outros Lecturas: Deteminaranse de acordo coa orientación do traballo tutorizado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Resolución de problemas e/ou exercicios Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Traballos tutelados Baixo a dirección do profesor, o/a alumno/a realizará un traballo de carácter teórico ou teórico-práctico no que profundizará no contido dalgún dos temas da materia mediante o manexo de bibliografía especializada (traballo teórico) ou ben aplicará os coñecementos adquiridos á análise dalgún corpus, electrónico ou en soporte de papel (nos traballos de carácter teórico-práctico). En todo caso, a elección de tema, bibliografía e corpus que se manexe será acordada co profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000