Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Materias
  Tratamento de Datos e Lingüística de Corpus
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Os contidos desenvolvidos nas sesións teórico-prácticas serán avaliados a través da introdución metodolóxica obrigatoria do traballo final. 30
Traballos tutelados Desenvolvemento documental e presentación oral dun pequeno proxecto de investigación lingüística que faga uso da metodoloxía de lingüística de corpus. 60
Observación sistemática Participación no desenvolvemento docente da materia. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia depende to tipo de seguemento lectivo da mesma, así como da convocatoria de edición das actas de cualificación:

Primeira edición das actas (convocatoria de decembro)

(i) seguemento presencial (recomendado): O alumnado será avaliado mediante o procedemento ordinario indicado na guía docente

(ii) seguemento virtual e/ou parcialmente presencial: O alumnado será avaliado exclusivamente mediante o procedemento de avaliación especificado na guía docente como "Traballo tutelado" ("Desenvolvemento documental e presentación oral dun pequeno proxecto de
investigación lingüística que faga uso da metodoloxía de lingüística de
corpus"). A presentación do antedito proxecto será necesariamente presencial na data acordada co equipo docente da materia.

Segunda edición das actas (convocatoria de maio-xuño):

O alumnado será avaliado exclusivamente mediante o procedemento de
avaliación especificado na guía docente como "Traballo tutelado" ("Desenvolvemento documental e presentación oral dun pequeno proxecto de
investigación lingüística que faga uso da metodoloxía de lingüística de
corpus"). A presentación do antedito proxecto será necesariamente presencial na data acordada co equipo docente da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000