Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas
 Materias
  Feminismo e Postcolonialismo: Perspectivas e Métodos de Investigación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Cada alumna/o deberá realizar tres exposicións sobre tres textos do programa: un texto teórico, un texto fílmico e un texto literario. Estas acordaranse previamente co profesorado e co resto do alumnado. As exposicións poderanse realizar individualmente ou en grupo. A nota final deste apartado calcularase facendo a media aritmética das notas das tres exposicións. 40
Traballos e proxectos A alumna/o deberá realizar un traballo escrito, entre 8 e 10 páxinas, a dobre espazo, sobre un tema ou texto previamente aprobado pola profesora. O traballo deberase ater á metodoloxía da materia e deberá seguir escrupulosamente as normas académicas de elaboración de traballos científicos. 40
Outras A participación activa en todas as sesións presenciais constituirá unha parte importante da avaliación. A alumna/o deberá demostrar en cada sesión que preparou axeitadamente o material de discusión de cada sesión e que pode contribuír de maneira acaída coas súas reflexións críticas aos debates levados a cabo na aula. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación é continua. O requisito para ser avaliada/o será a asistencia ao 80% das aulas. Se algunha alumna/o non pode cumprir este requisito deberá comunicárllelo ás profesoras argumentadamente ao comezo do curso. As faltas deberán xustificarse razoadamente.

Na segunda edición das actas (xullo), o alumnado de avaliación continua que non superou a primeira convocatoria deberá facer as probas da avaliación continua que non aprobou, entregando o traballo e/ou a versión escrita das presentacións non superadas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000