Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas
 Materias
  Análise de Datos na Investigación Lingüística
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Será avaliada a resolución de problemas, exercicios ou calquera outra actividade puntual individual ou en grupo que a profesora mande facer ben na aula ou fóra dela. 10
Sesión maxistral A participación activa do alumnado nas sesións maxistrais será avaliada a través da observación sistemática das intervencións de cada alumna/o para facer preguntas e/ou comentarios ao fío das explicacións, e/ou contestar a preguntas formuladas polo profesor/a. 20
Traballos e proxectos Será obxecto de avaliación a entrega dun traballo escrito seguindo a temática e instruccións que o profesorado dea ao respecto. A entrega do traballo escrito puntuará un 40% e a súa presentación oral en sesión presencial puntuará un 30% (total 70% da cualificación total). 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É requisito indispensable para aprobar a asignatura obter alomenos un 5 (sobre 10) no traballo escrito. No caso de obter unha nota inferior a un 5 no traballo escrito, a/o alumna/o terá a oportunidade de refacer o traballo segundo as instruccións que reciba ao respecto e presentalo para a súa nova avaliación na segunda convocatoria en xullo.

De haber alumnado que seguise o curso en réxime semipresencial acordaríase un sistema de avaliación entre o profesorado e a/o alumna/o en cuestión.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000