Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas
 Materias
  Análise de Datos na Investigación Lingüística
   Contidos
Tema Subtema
Bloque 1: Lingüística de corpus e investigación lingüística I (Prof. Javier Pérez Guerra) 1.1. A lingüística de corpus e as tradicións lingüísticas fundamentais.
1.2. Concepto de corpus e tipoloxía. Principais corpus na tradición anglosaxona e mailas súas peculiaridades.
1.3. Codificación de textos: proceso e formatos. Avantaxes da codificación electrónica de textos.
1.4. Anotación: concepto e tipoloxía. Formatos de anotación.
1.5. Posibilidades da lingüística de corpus na investigación lingüística.

Bloque 2: Técnicas de recollida de datos e transcrición (Prof. Esperanza Rama Martínez) 2.1. Técnicas de recollida de datos I: a entrevista, o cuestionario, o test lingüístico.
2.2. Técnicas de recollida de datos II: a grabación, o corpus oral, a observación e o estudo de caso, o experimento.
2.3. A calidade dos datos e dos procedementos de recollida: fiabilidade e validez.
2.4: A transcrición do discurso oral: aproximacións á transcrición da oralidade, a importancia de transcribir rasgos prosódicos do discurso, as fases na elaboración dunha transcrición.

Bloque 3: Estatística e investigación lingüística (Prof. Juan Carlos Pardo Fernández) 3.1. Introdución. Obxectivos e ferramentas da estatística na investigación lingüística.
3.2. Codificación e descrición de datos. Tipos de variables estatísticas. Codificación e organización de bases de datos. Táboas de frecuencias. Gráficos. Medidas resumo das variables (posición e dispersión). Estandarización de variables.
3.3. Asociación entre variables. Variables bidimensionais. Táboas de continxencia. Medidas de asociación e de dependencia.
3.4. Modelos de probabilidade. Definición de probabilidade. Modelos importantes de probabilidade: distribución normal, distribución chi-cadrado.
3.5. Contrastes de hipóteses. Elementos dun contraste de hipóteses. Contraste para a comparación de medias. Contraste de independencia.
Bloque 4: Lingüística de corpus e investigación lingüística II (Prof. Dolores González Álvarez) 4.1. Fontes de datos: corpus (históricos) estruturados e non estruturados. Extracción de datos de arquivos de texto. Recollida persoal de materiais escritos (a web como corpus)
4.2. Análise de texto: listas de palabras e concordancias. AntConc, Wordsmith e outras ferramentas de concordancia. Mellorar búsquedas usando expresións comúns. Colocacións. Análise morfolóxico e morfosintáctico.
4.3. Codificar os datos cun programa de base de datos.
4.4. Usar corpus para estudar cuestións lingüísticas no eido da variación e do cambio lingüísticos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000