Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas
 Materias
  Técnicas de Investigación Lingüística
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A participación activa do alumnado nas sesións maxistrais será avaliada a través da observación sistemática das intervencións de cada alumna/o para facer preguntas e/ou comentarios ao fío das explicacións, e/ou contestar a preguntas formuladas polo profesor/a. 25
Resolución de problemas e/ou exercicios Será avaliada a resolución de problemas, exercicios ou calquera outra actividade puntual individual ou en grupo que a profesora mande facer ben na aula ou fóra dela. 25
Traballos e proxectos Cada un dos/as profesores/as da materia explicará se será precisa a entrega dun traballo escrito seguindo a temática e instruccións que o profesorado dea ao respecto. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación anterior require a asistencia e participación regulares (80%) nas sesións lectivas. De haber alumnado que seguise o curso en réxime semipresencial acordaríase un sistema de avaliación entre o profesorado e a/o alumno/a en cuestión.
Entenderase que o alumnado que de maneira inxustificada deixe de entregar as actividades requiridas no momento requirido renuncia a ser avaliado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000