Traballos e proxectos |
A atención personalizada para a resolución de calquera tarefa presencial será nas clases presenciais e dirixida ao grupo completo ou dividido segundo o requira a actividade en curso.
A atención personalizada para os traballos escritos e a súa presentación oral será en titorías individuais, ben a través de internet e/ou no despacho. Asemade, darase cumplida información a todo o grupo sobre a elección e desenvolvemento dos traballos a través da plataforma de teledocencia.
Calquera dúbida que xurda respecto ás actividades presenciais ou ao traballo será atendida na aula ou fóra dela, ben en liña (mensaxes no foro), de tal xeito que todo o grupo teña acceso ás explicacións, ou ben en consulta individual por correo electrónico ou en titoría no despacho. |