Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
 Materias
  Tradución e Edición
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais permiten explicar os contidos máis teóricos da materia, así como os contidos fundamentais para poder desenvolver as tarefas prácticas. Con todo, procurarase que se produza a participación do alumnado.
Eventos docentes e/ou divulgativos Reservaranse dúas sesións cando menos para a asistencia a conferencias ou relatorios que se impartan na Facultade de Filoloxía e tradución, relacionados coa materia que se imparte.
Presentacións/exposicións O alumnado debe defender de xeito oral o seu traballo, ademais de entregar unha copia por escrito. Procurarase que as sesións sexan participativas.
Traballos tutelados Cómpre realizar un traballo individual de investigación sobre os temas propostos pola profesora ao inicio do curso.
Actividades introdutorias Nesta sesión presentarase a materia e o desenvolvemento da mesma, así como o sistema de avaliación e resolveranse as dúbidas do alumnado ao respecto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000