Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
 Materias
  Filosofía e Historia da Tradución e Paratradución
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Avaliarase a capacidade crítica e de análise, nas preguntas ou participacións da/do estudante. 5
Seminarios Avaliarase a capacidade
1. de análise,
2. crítica,
3. orixinalidade
nas participacións da/do estudante.
20
Presentacións/exposicións Avaliarase
1. a aplicación do aprendido nas lecturas e nas clases,
2. a estrutura e forma da presentación,
3. a coherencia da argumentación,
4. a xestión do tempo e dos medios empregados e
5. as respostas a eventuais preguntas.
20
Debates Avaliarase a capacidade
1. de análise,
2. crítica,
3. de comparar e
4. para argumentar de xeito coherente, breve e conciso
nas participacións da/do estudante.
10
Foros de discusión Avaliarase
1. a coherencia,
2. o manexo da linguaxe técnica,
3. a capacidade para unha argumentación breve e concisa
nos comentarios e respostas realizados nos foros de debate en FAITIC.
10
Traballos tutelados Avaliarase (non precisamente nesta orde)
1. a aplicación do aprendido nas lecturas e nas clases,
2. a pulcritude en xeral,
3. a corrección da referenciación bibliográfica,
4. a estrutura,
5. o argumento,
6. a creatividade,
7. a orixinalidade do tema ou de certas ideas (se for o caso)
35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A exposición debe levarse a cabo no período de clases, tal como todo o resto das actividades agás o traballo tutelado, que pode ser entregado en xullo (neste caso, unha avaliación con nota só se fará na segunda convocatoria).

O alumnado que non pode asistir ás clases e participar nas actividades presenciais debe contactar co docente no inicio do curso.

Existe a posibilidade de participar nos debates, seminarios e incluso realizar a exposición a distancia a través da plataforma FAITIC ou de outras TICs.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000