Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
 Materias
  Filosofía e Historia da Tradución e Paratradución
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias 1. Presentación da materia.
2. Planificación das lecturas obrigatorias.
3. Planificación dos traballos de proxecto e das exposicións.
4. Planificación dos seminarios.
Sesión maxistral Introdución por parte do docente a aspectos fundamentais da filosofía da tradución:
1. conceptos,
2. historia,
3. obras selecciondas,
4. correntes e ideas.
Estudo de casos/análises de situacións Análises puntuais por parte do docente de
1. liñas de pensamento concretas,
2. obras relevantes seleccionadas,
3. autoras/es relevantes e a súa recepción.
Cada análise dun ámbito temático será completada cunha rolda de intervencións e preguntas do alumnado.
Seminarios Realizaranse 2 seminarios sobre temas relacionados cos contidos da materia. O alumnado preparará os temas e unha lista de aspectos concretos através de lecturas de textos procedentes da bibliografía do curso ou outros, indicados polo docente. Durante o seminario analizaranse e debateranse en grupo os aspectos seleccionados.
Presentacións/exposicións Cada estudante expón un aspecto relacionado co seu tema do traballo de proxecto (ou outro, se for así acordado co docente) ao resto do grupo durante aproximadamente 20-30 minutos. A exposición se complementará cunha rolda de intervencións, na que o resto do grupo coloca cuestións e exporá as súas opinións.
Debates Todo un grupo prepara un ou varios temas de actualidade propostos por ou acordado co docente e que se insire nun dos ámbitos dos contidos da materia. Durante a sesión, as/os participantes defenden e argumentan de xeito ordenado as súas opinións.
Foros de discusión O alumnado prepara um tema de actualidade relacionado cun dos contidos da materia proposto por ou acordado co docente a través de lecturas e buscas autodeterminadas de información. Durante o debate cadaquen exporá e argumentará de forma sistemática a súa opinión e responderá ás cuestións propostas polo resto do grupo.
Traballos tutelados Cada estudante escolle no inicio do curso, a partir das suxestións e orientacións do docente, um tema para un traballo de proxecto de aprox. 10-12 páxinas de extensión. Se for un traballo destinado á publicación web, a extensión será menor. Un aspecto do traballo (sempre que non se acorde outro tema) será presentado nunha exposición oral ao resto do grupo. O traballo de proxecto concreto entregarase ao finalizaren as clases. O proxecto será orientado polo docente a través de titorías individualizadas ou através da plataforma FAITIC.
Resolución de problemas e/ou exercicios A través da plataforma FAITIC realizaranse pequenas actividades relacionadas coa materia (wikis, blog, foros de dúbidas, etc.). Algunhas destas actividades terán carácter facultativo, mentres outras serán exercicios ou foros onde o alumnado pode colocar preguntas. A maiores, ofrecerase a posibilidade da resolución de problemas concretos en titorías individualizadas ou en grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000