Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
 Materias
  Estudos de Xénero sobre Tradución e Interpretación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Correcta aplicación de conceptos e metodoloxías ós casos prácticos propostos 25
Debates Artellar un discurso crítico coherente e razoado ó redor dos temas propostos, empregando os conceptos revisados no seminario. 25
Estudo de casos/análises de situacións Análise razoada dos casos propostos: antecedentes, contexto sociohistórico, consecuencias 25
Foros de discusión Artellar un discurso crítico coherente e razoado ó redor dos temas propostos, empregando os conceptos revisados no seminario. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ter dereito á avaliación contínua e a unha cualificación final, o
alumno deberá participar en tódalas actividades previstas na materia.

Nas
distintas probas propostas será imprescindible responder tódalas
preguntas.

Os alumnos deberán realizar un traballo que consistirá na aplicación dos conceptos e metodoloxías revisadas no seminario a un caso de tradución concreto. 

Con respecto á corrección das distintas probas, cómpre sinalar que se lle prestará unha especial atención ó
dominio das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua empregada (galego, castelán, portugués, inglés, francés). Tres
erros ortotipográficos ou morfosintácticos invalidarán calquera proba.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000