Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
 Materias
  Prácticas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas externas Durante o primeiro semestre a Comisión Académica do Máster publicará unha lista de temas de prácticas, ós que o estudantado se poderá acoller. A Comisión Académica regulará a asignación de estudantes e titores ou directores de prácticas.
Recoméndase que as prácticas se realicen nun dos proxectos do grupo de investigación Tradución & Paratradución e baixo a supervisión dalgún dos seus investigadores principais.
Tamén serán computables outras colaboracións en proxectos de investigación sobre tradución e/ou interpretación, traducións ou interpretacións de certa extensión realizadas ou publicadas ó longo do máster, ou tamén colaboracións en proxectos concretos que estean relacionados con aspectos de tradución e interpretación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000