Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
 Materias
  Textos e Discursos Especializados: Liñas de Investigación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Sesións presenciais de exposición dos contidos da materia obxecto de estudo.
Servirán para:
a) introducir e presentar as diferentes unidades do programa
b) sistematizar aspectos e problemas abordados
c) propor puntos de debate
d) establecer as directrices e guiar as actividades a desenvolver polos estudantes.
Presentacións/exposicións Presentación por parte dos estudantes das actividades propostas.
Actividades introdutorias Sesión presencial na que:

1) se presentan os diferentes aspectos da materia en relación con: contidos, planificación e metodoloxía docente e sistema de avaliación;

2) se resolven posibles dúbidas en relación con estas cuestións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000