Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
 Materias
  Antropoloxía da Tradución e Interpretación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia activa a polo menos unha das actividades comúns (seminarios, conferencias, gravación de pílulas) organizadas pola coordinación do Máster durante o primeiro semestre.
Saídas de estudo/prácticas de campo Para a modalidade presencial, saída de estudo con outros grupos e máis profesorado do máster para realizar prácticas de campo relacionadas cos obxectivos da materia. A saída terá lugar durante unha xornada.
Para a modalidade a distancia, o profesor dará instrucións e dirixirá unha práctica que o/a estudante/a realice no lugar onde se encontre.
Foros de discusión A través da plataforma FAITIC animaranse un ou dous foros en que os estudantes poderán entrecruzar conceptos e perspectivas, redactando intervencións segundo unhas regras formais e segundo un nivel de rigor científico que fixe o profesor.
Sesión maxistral Clase presencial destinada a expoñer as principais bases teóricas manexadas no curso, así como a explicar as correntes de coincidencia entre tradución e antropoloxía.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000